Da confluencia das sensibilidades e emocións que xorden dos seus compoñentes, nace MEU no 2017 na Galiza central.
Rock galego e en galego, navegando do punk rock ao metal con liberdade. Sen ancorarse nun estilo determinado nin amarrarse a etiquetas. Cada novo tema pode traer unha nova sorpresa.
Letras de compromiso, de denuncia, reinvindicación, amor, sentimentos, problemas vitáis, dores e esperanzas, frustracións e recompensas.
Este conglomerado de actitude e paixón levaos a denominalo como «caña do país».
O traballo duro de estos anos vaise asentando nun enérxico directo, caracterizado pola intensidade e a consistencia dende o principio ata o final.
Presentanse no 2020 con «Animal ferido» e «Non quero ser normal», gravados a fináis do ano anterior en Estudos Mafia, do Carballiño.
Rematando o 2021 entran de novo en Cimática Estudios, de Cerceda, grabando novos temas, como «Doutor Caníbal», «Insectos» ou «Outro día máis», e que serán presentados durante o 2022.
Na formación actual temos a Dani Morotxo á voz principal, Antonio García á batería, Caníbal ao baixo, Fonso Doval á guitarra e voces, e Trash Tornado á guitarra e coros.